2014/08/13

II INTERNACIONAL DE XADREZ CIDADE DE PONTEVEDRA



Do 7 ao 14 de agosto

“O Mestre Internacional, Jaime Santos, a unha vitoria de facerse co Cidade de Pontevedra”.  
    
Jaime Santos, con 6.5 puntos de 7, e tras derrotar a revelación do torneo, o pontevedrés Portela, situase a un so punto de facerse co título do cidade de Pontevedra. O leonés de 18 anos soubo sacarlle bo proveito a unha imprecisión de Portela na apertura, e tamén a súa maior experiencia en competición, pese a súa curta idade. A vitoria de hoxe, ó mando das pezas negras, déixao á fronte da clasificación, con medio punto de vantaxe sobre o xogador da Universidade de Vigo, Rafael Rodríguez, e xa cun punto enteiro co pelotón de Grandes Mestres que lle intentan dar caza.
A falla de dúas partidas para o peche do torneo, a suma dun punto, daríalle, case matematicamente, o triunfo na cidade do Lérez, iso si, nesta fase da competición todos os puntos valen o seu peso en ouro e non é unha tarefa doada sumalos. O seu rival da oitava rolda, o Gran Mestre cubano Lelys Martínez ten a obriga de derrotalo para manter as súas opcións intactas na loita pola coroa pontevedresa.

O perseguidor inmediato de Jaime Santos, o Mestre Internacional Rafael Rodríguez, terá un oso duro de roer no Gran Mestre serbio Barlov, nembargante a vitoria é o único resultado que lle permitiría manter a presión sobre Santos.

No pelotón de xogadores con 5.5 puntos topamos coa maior parte dos titulados, e entre eles, aínda o pontevedrés Portela que tentará aguantar o seu ritmo. Na oitava xornada loitará con outro dos cubanos, Arian González, o que xa lle arrincou un empate na pasada edición do Internacional de Xadrez.

Na loita pola clasificación feminina, Iria Ares mantén o pulso coa Mestra cubana, Yaniela Forgas, ambas chegan as dúas últimas roldas empatadas a 4.5 puntos.

O inglés Philip Adams mantense á fronte dos veteranos con 4 puntos e sen derrotas no seu marcador, xa que suma 6 empates máis unha vitoria.

Entre os xogadores locais hoxe temos que salientar, pese á derrota, a labor de do mozo de 16 anos, Miguel Rodríguez. Miguel xogaba co vixente campión, o Gran Mestre Paunovic, ó que obrigou a tirar do mellor do seu repertorio para acadar o punto xa que por momentos semellaba que o pontevedrés non tería problemas para acadar un empate. Conta a cuarta hora de xogo, unha lixeira imprecisión do xogador da canteira pontevedresa foi suficiente para que o serbio atopase o camiño da vitoria, nun final no que ambos tiñan o mesmo material.

Xa no mundo das estatísticas, un dos datos máis significativos con respecto o seguimento en liña do evento, é a forte entrada do país veciño, Portugal, na listaxe de visitantes. Un dato sorprendente se temos en conta que un único xogador portugués está a disputar a proba. Quizais unha explicación máis lóxica a atopemos na promoción e análise do evento que está a desenvolver nas redes sociais, un dos Mestres do PonteCampus, nada máis e nada menos, que ¡o vixente Campión de Europa Veterano!, o portugués Antonio Frois.  Un auténtico luxo para os rapaces poder contar con el no grupo de adestradores.
 
Os enfrontamentos pódense seguir en directo nas instalacións deportivas do Casino Mercantil, ou ben a través da páxina web oficial, www.xadrezpontevedra.com 


Gabinete de prensa da Escola Xadrez de Pontevedra
646524394 / 650645318                    

2014/04/20

Gaprindashvili - Fróis




Joguei com a ex Campeã Mundial  Feminina e Primeira Mulher a Receber o Título de Gm Absoluto na História do Xadrez em 6 de Fevereiro de 1985 no Torneio do 4 de Fevereiro data da Independência   de Angola.
Foi Uma BogoÍndia muito interessante com alternâncias várias de vantagem e com 2 adiamentos.  

A partida durou cerca de 8 horas e no final tive  a sorte de analisar com a minha adversária e o seu Treinador , o GM Elizbar Ubilava. Foi a primeira vez que pude ver  e participar numa análise com a profundidade da Escola 
Soviética de Xadrez.

2014/02/27

DAGOBERTO MARKL - Homenagem




Regulamento do Torneio em sua memória